exames fitosanitarios

PRÁCTICAS E EXAMES DE APLICADORES/MANIPULADORES DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (BÁSICO) 2010

A Unidade de Tecnoloxía Fitosanitaria (UTEF) ubicada no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, Bergondo (A Coruña) é unha Unidade avaliadora para a PROBA DE APTITUDE E REALIZACIÓN DAS PRÁCTICAS DOS CURSOS DE APLICADORES / MANIPULADORES DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS
convocados pola Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais.
As ditas probas realizaranse neste centro os LUNS e MARTES . E consistirán nunhas prácticas que se desenvolverán de 9 a 14 horas e unha proba de avaliación que se desenvolverá de 15:30 a 17:30 horas.
As entidades organizadoras que desexen vir a este Centro Avaliador a realizar as prácticas e a proba de aptitude deberán consultar as datas dispoñibles no calendario; e enviar un correo electrónico ao enderezo cfea.guisamo@edu.xunta.es facendo constar a seguinte información.

• ENTIDADE ORGANIZADORA
• Día elixido.
• Nome do Coordinador do curso e teléfono de contacto.
• Nº de alumnos previstos.
• Nº de persoas que comerán no centro

Existe a posibilidade de que o alumnado e persoas que os acompañen coman no Centro. O precio do prato por persoa é de 6€. O responsable do grupo aboará o importe total na Secretaría do Centro antes das 11 da mañán do día da práctica.